Redacción e liña do tempo

Redacción 

A Primeira Guerra Mundial (1914-1918) foi un conflito que impulsou importantes avances na tecnoloxía e medicina. A necesidade de mellorar o armamento e atender os feridos levou á creación de novas armas, melloras na hixiene e progresos cirúrxicos que tiveron un gran impacto no futuro.

Entre os avances militares destacan os tanques, que permitían atravesar as trincheiras, e os submarinos, usados especialmente por Alemaña para derribar barcos enimigos sen ser detectados. A aviación pasou de ser un medio de recoñecemento a unha ferramenta de ataque, mentres que as metralladoras fixéronse máis rápidas e letais. A guerra tamén introduciu as armas químicas, como o gas mostaza, que obrigaron ao desenvolvemento das máscaras de gas, imprescinsible nas guerra e mesmo hoxe en día na química.

En medicina, perfeccionáronse as transfusións de sangue coa creación dos primeiros bancos de sangue e melloráronse as técnicas cirúrxicas, especialmente en amputacións e reconstrucións faciais. Tamén se fixeron progresos na hixiene, reducindo enfermidades nas trincheiras e hospitais.

A pesar do sufrimento, os avances da Primeira Guerra Mundial tiveron un impacto duradeiro, influíndo tanto en futuros conflitos como na vida cotiá.

En conclusión, a Primeira Guerra Mundial trouxo avances tecnolóxicos e médicos que marcaron un antes e un despois. A pesar da destrución e do sufrimento, moitos destes progresos foron fundamentais para o futuro, mellorando a guerra moderna e incluso a vida cotiá das persoas.

Liña do tempo

 Enlace: https://www.canva.com/design/DAGiMBkgyBg/NV7BGsO1IXX8G2RK6x6Zxg/edit?utm_content=DAGiMBkgyBg&utm_campaign=designshare&utm_medium=link2&utm_source=sharebutton

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar