"O pobo volta ao traballo"


A nosa máis ardua tarefa, a primeira, é facer que o pobo volva ao traballo. Non é un problema insoluble se nos enfrontamos a el con prudencia e valentía. Pode realizarse, en parte, mediante a contratación directa por parte do gobernó, actuando como nun caso de guerra, pero, ao mesmo tempo, levando a cabo os traballos máis necesarios, a partir destas persoas contratadas, para estimular e reorganizar a utilización dos nosos recursos naturais.

F.D Roosevelt, discurso de toma de posesión.

Preguntas

- Quén foi F.D Roosevelt?

Franklin Delano Roosevelt foi o 32º presidente dos Estados Unidos, exercendo o seu cargo entre 1933 e 1945. Naceu o 30 de xaneiro de 1882 e morreu o 12 de abril de 1945. Foi unha das figuras máis importantes da historia estadounidense e desempeñou un papel clave na superación da Gran Depresión e na Segunda Guerra Mundial.

 - Como axudou o New Deal a saír da crise en EEUU?

O New Deal foi un conxunto de programas e reformas creadas polo presidente Franklin D. Roosevelt para facer fronte á Gran Depresión dos anos 30 en EEUU. Axudou a través de proxectos de distintos tipos: 

-  Obras públicas como a Tennessee Valley Authority (TVA) construíndo presas, xeradores de electricidade... 

-  Creación de postos de emprego como a Civilian Conservation Corps (CCC) que contratou a moitos homes desempregados para traballos de conservación do medio ambiente como plantación de árbores ou mantemento dos parques naturais.

- Regulación bancaria e a implementación de seguridade social como Federal Deposit Insurance Corporation (FDIC) creada para asegurar os depósitos bancarios dos cidadáns, así restaurando a confianza no sistema bancario. Protexendo o seu diñeiro ata certo límite, o que evitaba as retiradas masivas de fondos dos bancos.

- Seguridade Social coa Social Security Act que estableceu a seguridade social en EEUU. Proporcionando pensións a anciáns, axudas económicas a desempregados e asistencia para as persoas discapacitadas. Asegurándolle as persoas máis vulnerables unha rede financiera.


 -  Quen o puxo en marcha?

O New Deal foi posto en marcha polo presidente Franklin D. Roosevelt, quen asumiu a presidencia en 1933, durante a crise económica.


- Cal era o obxectivo das medidas?

O obxectivo do New Deal era combater os efectos devastadores da Gran Depresión. reducindo o desemprego, mellorando as condicións de vida e traballo das persoas e estabilizando o sistema económico e financeiro dos Estados Unidos. Tamén buscando recuperar a confianza na economía e nos bancos.


 - Que conferencia ou encontro económico se convocou para intentar facer fronte á crise do 29? E tivo éxito?

Conferencia de Londres de 1933, onde os principais países intentaron acordar un plan común para saír da crise, especialmente en relación co sistema monetario internacional. Non tivo éxito porque non se puido chegar a  un acordo global, ademáis algúns países tomaron decisións unilaterais que agravaron a situación, como a devaluación das súas moedas e a adopción de medidas proteccionistas.


 - Por que esta crise económica tamén afectou a outros países do mundo? Que consecuencias políticas tivo?

A crise económica tamén afectou a outros países debido á interconexión dos mercados internacionais e a caída das exportacións, que impactou as economías de moitos estados que dependían do comercio exterior. Este feito tivo diversas repercusións non só no ámbito político tamén no económico. As principais consecuencias foron as seguintes:

- Ascenso de réximes autoritarios en Europa: a crise tamén chegou a Europa, onde moitos gobernos non foron capaces de xestionar a situación. O que levou a falta de confianza nas democracias e o descontento social que contribuíu á aparición de réximes autoritarios como o fascismo en Itaila ou o nazi en Alemaña. 

- Crecemento de apoio ao New Deal e ao Estado de Bienestar: A crise e o New Deal causaron cambios na ideoloxía política de EEUU. Moitos estadounidenses comezaron a apoiar a idea de que o estado debía intervir e proporcionar unha rede de seguridad social, como por exemplo o Social Security Act, un dos maiores logros do New Deal que todavía se mantén hoxe.

Tensións entre os conservadores e os progresistas: dentro dos Estados Unidos, as reformas do New Deal xeraron moita oposición entre os sectores máis conservadores, que vían o New Deal como unha forma de socialismo. A Corte Suprema dos EEUU inicialmente bloqueou varias leis do New Deal, o que levou a Roosevelt a tentar cambiar a composición da Corte (un movemento que foi moi controvertido).

Expansión do papel do goberno na economía: O New Deal foii un punto de inflexión sobre a intervención do goberno na economía. Tras  implementar programas de seguridade social, regulacións bancarias... O goberno comenzou a ter un papel máis activo na economía, que perdurou nas décadas ata os nosos días.


 












Haz clic aquí y empieza a escribir. Magnam aliquam quaerat voluptatem ut enim ad minima veniam quis nostrum exercitationem ullam corporis.

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar